Servizos

Clases de baile galego con André Adrio Millor

Niveis que ofrecemos: básico, intermedio e avanzado. Sempre terás un sitio á túa medida!

Nas aulas aplicaránse novas técnicas de aprendizaxe, baseadas no descubrimento guiado e na participación activa do alumnado no proceso de aprendizaxe.
Ao longo de máis de dez anos esta forma de ensino foi mellorando, para dar lugar a un
proceso lúdico no que tódolos niveis e idades teñen cabida.

En idades tempranas o xogo e o descubrimento do corpo e do espazo común teñen vital
importancia, comezando a formar un esquema corporal sólido e unha lateralidade ben
definida. Unha vez construímos unha base neuromotora estable na que poder asentar os
coñecementos específicos, aprenderán as nocións básicas do baile e os seus pasos e
estructuras predominantes, construíndo un aprendizaxe progresivo que mellora tanto a
parte motriz como a rítmica e musical.

En persoas adultas, pese a que o xogo e o divertimento segue presente, o proceso céntrase máis en retos motores e combinación de pasos que traballan dende a memoria variacións do esquema motor. Trátase de xogar buscando a resistencia da asociación corpo-mente, tratando de levar os nosos límites cada día un pasiño máis lonxe.

Dende conceptos moi básicos, as persoas participantes van acadando unha complexidade progresivamente maior e adaptada diariamente, na que, ao longo do proceso, chegamos a ter un bo dominio dos aspectos básicos do baile tradicional e das súas variantes para poder defender tanto enriba dun escenario como en calquer serán e foliada.

Obradoiros a medida

Leva a festa á túa asociación ou concello

Buscas unha actividade diferente, divertida e que poña en valor a nosa cultura?

Tamén deseñamos obradoiros intensivos e puntuais adaptados ás necesidades de:

AMPA’s e Centros Educativos
Concellos e Casas da Cultura
Asociacións e Colectivos
Obradoiros de iniciación rápida, de un só baile, ou de preparación para eventos.

Obradoiros a medida

Leva a festa á túa asociación ou concello

Buscas unha actividade diferente, divertida e que poña en valor a nosa cultura?

Tamén deseñamos obradoiros intensivos e puntuais adaptados ás necesidades de:

AMPA’s e Centros Educativos
Concellos e Casas da Cultura
Asociacións e Colectivos
Obradoiros de iniciación rápida, de un só baile, ou de preparación para eventos.

Obradoiros de iniciación rápida, de un só baile,
ou de preparación para eventos. Só tes que preguntar!

O primeiro paso é o máis fácil: Vémonos na aula!

Tes curiosidade pero non te atreves? Non hai problema!
O mellor xeito de descubrir a maxia é probalo.

Ofrecémosche unha clase de proba sen compromiso para que coñezas o ambiente, a metodoloxía e o teu grupo.

Non esperes a ter o ritmo, o ritmo vén mentres bailas!

Actuacións para vodas e eventos

Queres que o teu evento teña un toque tradicional? Conta con nós!

Ofertamos tanto cuartetos de gaita, grupos de pandereteiras ou actuacións de parellas de baile.

Para vodas temos a tradicional regueifa, baile típico galego que se facía habitualmente na porta da iglesia e a muller bailaba cunha bola de pan sobre a cabeza. Fai lucir a túa voda recuperando esta fermosa e vistosa tradición. Ningún invitado quedará indiferente!

André Adrio Millor
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.